"O máximo mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a toma de posesión do novo Goberno da Xunta"

Este é o titular que aparece nas novas da Xunta de Galicia, dando conta da toma de posesión dos dez conselleiros do Goberno galego. Na ocasión o presidente Núñez Feijoo pronunciou un discurso que escomenza deste xeito:
"Quero que este acto de presentación do novo Goberno da Xunta non sirva somentes para dar a coñecer as persoas que o compoñen, senon tamén a filosofía que o inspira".
Xa hai tempo que políticos e xornalistas están a utilizar un termo erróneo, porque non hai tal "goberno da Xunta". É como dicir "goberno do goberno", xa que segundo o Estatuto de Autonomía de 1981 "a Xunta é o órgano colexiado de goberno de Galicia". Os lexisladores déronlle o nome de Xunta de Galicia ó goberno da Comunidade Autónoma de Galicia. Non a Comunidade Autónoma. Pero "goberno da Xunta" está moi extendido. É difícil atopar o uso correcto de Xunta ou Goberno. O peor é que este erro xa está en leis galegas que saen no Diario Oficial de Galicia e máis no Boletín Oficial do Estado. Por exemplo, a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, no seu artigo 84.2 recolle este texto:... "o Consello de Goberno da Xunta de Galicia promoverá"...
Esto xa é máis preocupante, porque no Parlamento hai letrados que están para asesorar, para correxir ou advertir este tipo de incongruencias. Tampouco quedan ben parados os asesores xurídicos do Ministerio de Educación, Política Social y Deporte, e mesmo o secretario xeral técnico, que no texto da adenda do convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma galega para aplicar o Plan Proa, publicado no BOE do 9 de xaneiro de 2009, sinala que a aportación que corresponde ó "Departamento de Educación y Ordenación Universitaria del Gobierno de la Xunta de Galicia" será de 3.028.758 euros.
No acordo polo emprego, de marzo de 2007, CC.OO. ten escrito na sua web que " el diálogo y la concertación social constituyen herramientas imprescindibles para alcanzar acuerdos entre el Gobierno de la Xunta de Galicia y los agentes económicos y sociales que tienen la condición de más representativos en la Comunidad Autónoma gallega, en materia de desarrollo económico y social". Tamén Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade de Madrid, caiu neste erro en 2005 cuando nun mitin en Sanxenxo dixo que "los socialistas son capaces de vender a su madre con tal de llegar al gobierno de la Xunta de Galicia".
Tampouco está libre desta confusión o Goberno central, pois cando o 10 de outubro de 2006 colga na web La Moncloa a información sobre a solicitude á Comisión Europea de recursos do Fondo de Solidariedade para os incendios forestais de Galicia, da conta que "la petición ha sido cursada de acuerdo y con la colaboración del Gobierno de la Xunta de Galicia".
Co gallo dos lumes forestais, en conferencia de prensa en Santiago, o 9 de agosto de 2006, o Presidente Zapatero dixo: "He querido estar aquí, al lado de la Xunta, del Gobierno de la Xunta, y especialmente al lado de todos aquellos trabajadores, servidores públicos, que están librando una batalla ante un desafío serio y un desafío grave por el número de incendios que desde hace unos días se están produciendo en Galicia".
Tamén a Universidade de Coruña ten este erro no artigo 23.2 do seu Regulamento de Símbolos, Honores e Protocolo, de 22 de xullo de 2005: "El uso de la Bandera de la Universidad de A Coruña será de conformidad con la Ley 39/1981, de 28 de octubre, que regula el uso de la Bandera de España y el de otras Banderas e Insignias y con el acuerdo del Consejo de Gobierno de la Xunta de Galicia, que regula el uso de la Bandera de Galicia".
No programa electoral do PSdeG-PSOE de 2005 está esta xoia: "O novo goberno da Xunta impulsará unha reforma en profundidade do conxunto do sistema audiovisual galego, baseada no compromiso dos medios de comunicación de titularidade pública coa sociedade, que é, en definitiva, a súa verdadeira titular".
O 25 de xullo de 2007 o presidente do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, asina unha tribuna no diario El País, que comeza deste xeito: "Llegamos a un nuevo 25 de julio, la celebración de un nuevo Día Nacional de Galicia que coincide de manera casi exacta con el ecuador de una legislatura que, tanto los medios de comunicación como las fuerzas políticas que integran el Gobierno de la Xunta de Galicia, hemos denominado la legislatura del cambio".
En Vigo, o 18 de outubro de 2007, no acto de celebración do 40 aniversario de AIMEN (Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste), o Presidente Touriño pronunciou un discurso, o cal corresponde este parrafo: "La reciente creación y puesta en marcha, al servicio de la sociedad y de las empresas gallegas, de la Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, junto con el fuerte impulso de la inversión presupuestaria en Educación y en I+D+I, son ejemplos del compromiso del Gobierno de la Xunta de Galicia, que me honro en presidir, con esa estrategia, y, por tanto, son ejemplos del compromiso con el objetivo primordial de garantizar un futuro de estabilidad, de progreso y de bienestar para nuestra sociedad".
Emilio Pérez Touriño, no Foro de Nueva Economía, en Madrid, a 24 de outubro de 2007, soltou esta frase ao seu auditorio: "Estas cifras tan positivas tienen, desde luego, mucho que ver con el Diálogo Social que el gobierno de la Xunta mantiene con sindicatos y asociaciones empresariales desde prácticamente el primer día de mi llegada a la Presidencia de la Xunta".
En Padrón, en acto celebrado na casa museo de Rosalía, o 15 de maio de 2008, en homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez, tampouco Emilio Pérez Touriño esqueceu o erro do "dobre goberno". A axencia Efe transmitiu que Touriño destacou o "compromiso del Goberno de la Xunta de Galicia y su presidente con el proceso de recuperación lingüística en el que Galicia está empeñada desde la restauración de la democracia, desde su configuración como comunidad autónoma".
Pero o peor neste triste lerio é o Tribunal Constitucional, nada menos que o Tribunal Constitucional. En sentencia de 15 de setembro de 1990, recolle que "el Consejo de Gobierno de la Junta de Galicia dictó el mencionado Decreto 135/1984, sobre medidas de fomento del sector de construcción naval den Galicia". Catro anos máis tarde, concretamente en sentencia de 16 de xuño de 1994, di o Tribunal: "en el recurso interpuesto por el Gobierno de la Xunta de Galicia".
É un rara avis atopar un político, un periodista, un escritor e as mesmas institucións galegas que non usen a equivocada designación de "Goberno da Xunta" no lugar de Goberno de Galicia ou Xunta de Galicia. ¿A qué obedece este descoñecemento do nome da institución de goberno de Galicia? Pode que sexa un mimetismo coa Generalitat de Cataluña. O Estatuto catalán de 1979, no seu artigo 29, establece que "la Generalitat está integrada por el Parlamento, el Presidente de la Generalitat y el Consejo ejecutivo o Gobierno". No Estatuto de 2006, artigo 2, determina:
"La Generalitat es el sistema institucional en que se organiza politicamente el autogobierno de Cataluña.
"La Generalitat está integrada por el Parlamento, la Presidencia de la Generalitat, el Gobierno y las demás instituciones que establece el Capítulo V, del Título II.
"Los municipios, las veguerías, las comarcas y los demás entes locales que las leyes determinen, también integran el sistema institucional de la Generalitat, como entes en los que ésta se organiza territorialmente, sin perjuicio de su autonomía".
No Estatuto de Galicia non hai nada parecido. De calquera maneira, o que apunta ese "goberno do goberno" é que non se leu o Estatuto galego vixente. Non coñecen o Estatuto, ou non saben interpretar o que dí, sen embargo, queren reformalo; uns queren un Estatuto de nación, outros de rexión, e tamén hai quen quere que siga como está que xa é unha maneira de manter unha autonomía galega de segunda. Pero eses políticos que non saben chamar ó goberno galego polo seu nome, en 28 anos non foron quen de conseguir as trasferencias que corresponden ás competencias que lle da o Estatuto á Comunidade Autónoma galega. E nos dos últimos anos o Goberno central coas promesas incumplidas de novas transferencias, non fixo máis que burlarse do "goberno da Xunta".