A plataforma RONDA NON, que se definiu como un "colectivo veciñal cabreado coa decisión do alcalde" de construir unha ronda ou paseo da castellana de pouco máis de 2,5 km pero de ata 42 metros de ancho e 6 carrís, marcou un antes e un despóis contra a intolerable especulación de Sanxenxo. Deron exemplo de cidadáns que poñen por riba de todo a convivencia democrática. Era agosto de 2004 cando os veciños de Bordóns e Padriñan iniciaron a loita contra a destrucción natural das súas parroquias, presentándose diante do edificio do concello (hoxe lamentablemente destruido para malgastar 675.000 euros de fondos públicos) con camiseta de cor verde co lema "Xuntos salvemos o rural". Una sentencia xudicial e logo a decisión de Política Territorial evitaron a destrucción que maquinaban os papainas. Pero en Sanxenxo hai máis irregularidades que a da maquiavélica ronda. E aí está o blog Salvemos Sanxenxo para frear a noxenta especulación, que se presentou co seguinte manifesto:
Un saúdo ecoloxista desde Salvemos Sanxenxo
Hoxe en Sanxenxo estamos vivindo unha encrucillada. Dunha parte, temos o camiño que nos ofrece o clan do formigón, formada por boa parte das elites gobernantes e as grandes empresas inmobiliarias e construtoras, que pretenden converter á Sanxenxo nun solar ocupado por edificios e urbanizacións. Doutra, temos o camiño dun desenvolvemento que respecte, coide e trate con intelixencia o noso territorio, as nosas paisaxes tradicionais, os nosos valores culturais e sociais, os nosos recursos naturais, a nosa biodiversidade e a nosa calidade de vida.
Para todos os que estamos hoxe aquí lendo esta web a elección é clara: urxe un xiro de 180º no modelo de desenvolvemento que se pretende impoñer no noso territorio. Véndenos un crecemento baseado no ladrillo e que resulta canceríxeno por desmesurado. Está ao servizo do enriquecemento rápido dunha minoría e plagado de abundantes operacións corruptas e irregularidades, como se demostra co longo listado de casos que están sendo investigados nos tribunais e na Fiscalía.
Esta explosión urbanística ameaza o corazón mesmo do Estado de Dereito, do funcionamento democrático e da liberdade, porque se está realizando á marxe dos cidadáns, intentando acalar as voces críticas, anulando o debate e anulando ao máximo os mecanismos de control e participación democráticos. Que isto é moito máis que un risco hipotético, demóstrano o abuso de figuras como o Plan xeral de Ordenación Municipal (PXOM)que deixa cidadáns indefensos.
Con todo, pese ao desigual do balance, os cidadáns de Sanxenxo estamos dicindo alto e claro ao goberno da Xunta de Galicia, aos alcaldes e concelleiros, ás grandes empresas inmobiliarias e a todos os profetas que falan no nome do progreso, , que non imos permitir que se nos roube o noso territorio, nin o noso patrimonio ambiental, nin as paisaxes nos que crecemos e que constitúen unha parte esencial de nós mesmos, nin os elementos culturais e sociais que son inseparables da nosa identidade persoal e colectiva e da nosa forma de entender e gozar unha verdadeira calidade de vida.
Desde fai xa uns meses, Salvemos Sanxenxo vimos loitando contra este monocultivo do Formigón co noso Blog,: Denunciando ante a cidadanía os numerosos casos de corrupción e irregularidades.
Entre todos, estamos conseguindo que fronte ao tsunami urbanístico que abordela o concello, estea crecendo unha imparable marea de resistencia cidadá, que os profetas do ladrillo non se esperaban.
Hoxe dicimos unha vez máis que en Sanxenxo non hai sitio para os especuladores nin para un goberno Municipal que aplanan o camiño ás escavadoras, destruíndo paisaxes, espazos naturais e patrimonios culturais mantidos desde séculos.
Contrucuatro pretenden urbanizar o corazón da nosa ría ,o Cabo Festiñanzo, onde intentan construír un proxecto urbanístico mastodóntico e desfasado(mais de 200 vivendas), grazas a un goberno municipal que, en lugar de defender os intereses xerais de todos os cidadáns, dedícase a exercer de avogado e oficina de vendas das empresas promotoras e inmobiliarias.
Desde aquí lanzamos unha mensaxe o concello de Sanxenxo e o seu alcalde Telmo Martín coa a súa demagoxia, dicímoslle que os cidadáns non imos consentir o seu desprezo polo territorio, polo patrimonio ambiental, cultural e social e polos intereses xerais de todos os veciños de Sanxenxo, e a súa servidume ao club do ladrillo e do enriquecemento rápido.
Aos concelleiros, dicímoslles que imos tomar boa nota de quen está defendendo un modelo de desenvolvemento razoable e baseado na conservación intelixente dos recursos, e quen está vendendo o seu municipio e as súas xentes ao mellor postor, por un prato de lentellas.
E finalmente dicímoslles ás empresas inmobiliarias, construtoras e promotoras, que quen han de debuxar e decidir que futuro e que tipo de desenvolvemento queremos, non son elas, senón todos os cidadáns de Sanxenxo a través de procesos democráticos. Aquí non caben empresas que ameazan a cidadáns e institucións para obrigalos a dobregarse aos seus intereses, como intentaron moitas empresas . Vostedes sobran nesta terra.
Veciños e veciñas inténtanos enganar con publicidade valorada en 120000 euros pero o clamor do ecoloxismo, é xa unha marea profunda e crecente no noso concello,que logrou desbancar o demagóxico discurso de Telmo . E non van pararnos. Por iso coa axuda de todos denunciando nesta web os abusos urbanísticos ganaremos esta batalla.
Manifesto de Salvemos Sanxenxo
"Nos últimos tempos estamos asistindo na vila de Sanxenxo a unha agresión intolerábel contra o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico. A recente destrución do noso concello e a descomunal conxunto de vivendas que se esta a construir –obras de forte impacto ambiental que, tras a sua terminación, vai alterar definitivamente a configuración da liña de costa- Revelan as cesións do goberno municipal ás presións das empresas construtoras e a renúncia á sua responsabilidade en matéria de ordenación urbana.
Asistimos atónitos ó deterioro da franxa costeira, zoa de singular valor paisaxístico. Como si de un retorno a outras épocas se tratara, cando o feísmo se extendía como unha plaga temible e a destrucción dos monumentos do pasado semellaba condición indispensábel para acceder á modernidade, contemplamos ós responsabeis públicos confundidos por unha errónea concepción do progreso e fascinados polos lucrativos ingresos que para as arcas municipais supoñenas licencias de obras.
Esta asociación entre construtores sen entrañas e políticos sen sensibilidade non pode producir outros froitos que a desfeita urbanística que estamos a sofrer aquí, como en outros moitos lugares da costa galega, por onde se espallan sen medida novas urbanizazóns inspiradas nun modelo caduco e lesivo de desenvolvemento económico: o turismo de masas e a explotación abusiva dos recursos naturais; modelo que xa estragou o Levante español. Agora, tócanos a nos.
E mentres, a auténtica política de vivendas, á que responde a necesidades básicas da cidadanía, allea ó mundo do pelotazo urbanístico, queda por facer. ¿E esta a política progresista que alenta o noso goberno?,¿ A isto chamanlle progreso?- Porque nós, como veciños de Sanxenxo, consideramos que ten que haber outra política enmateria de urbanismo, respetuosa co entorno natural, que é a nosa principal fonte de riqueza,e cun patrimonio cultural que debemos preservar, propoñemos:
* unha política de vivenda cunha clara orientación social, non tecida polos fíos de araña da especulación.
* a adopción de medidas encamiñadas a protexer os espazos naturais e os edificios singulares (os poucos edificios historicos que quedan no noso concello que non se sigan derrubando)
* a oposición a calquera forma de enaxenación dos bens e dos espazos públicos
* o acordo de toda a cidadanía na definición dun modelo de vila habitábel, aberto, moderno e humano
* Reformar o P.X.O.M ou derrogalo naqueles puntos que deixan os ciudadanos indefensos dos especuladores(os númerosos zaos creados por os contructores en dito P.X.O.M ….)
¡A nosa paisaxe non aguanta mais delitos urbanísticos de politicos corruptos !"