Renovación de cargos no Grupo Sargadelos, no que se encadran un conxunto de empresas que teñen o seu pilar na fabricación e comercialización de cerámica. A producción das plantas do Castro de Samoedo e de Sargadelos manteñen ó resto das empresas do grupo. A maioría dos accionistas decidiron relevar a Isaac Díaz Pardo (naceu en 1920) da presidencia e nomear novos executivos. Algo que acontece de cotío nas empresas.Pero antes de adoptar decisións houbo propostas varias, que desembocaron en posturas irreconciliables. Sen que ninguén alleo ó grupo se ofrecese a mediar entre ámbalas partes na busca dunha saída amiglable, púxose en marcha a sociedade de bombos mutuos encadeados, como se definían estas situacións en vellas polémicas. Tampouco ninguén se preocupou de escoitar a outra parte, donde están persoas que traballaron arreo na obra de Díaz Pardo. Asemade tampouco ninguén acudeu as fontes mercantís para obter información sobre os resultados do conglomerado empresarial do grupo. Como se Sargadelos fose unha consellería paralela de Cultura, financiada cos froitos dun capital que está repartido en accións, sen que Díaz Pardo ostente a maioría, comezou unha campaña de apoio para que siga a fronte da fabricación de servicios de mesa e pezas decorativas en porcelana dura. Ata teñen colgado na Internet nunha das moitas webs que defenden a presidencia perpetua "que denden hai meses recóllense sinaturas contra a xubilación anticipada do mestre e o novo xeito de proceder da directiva do Grupo Sargadelos". Antes de instalarse na confusión, ninguén reparou nos dous fillos de Isaac que estaban no grupo. ¿Qué houbera sucedido se promocionasen a un fillo para reemprazar ó seu pai? Cando nunha empresa non se ten a cobertura da maioría do capital social, hai que negociar, dialogar, ceder, convencer... para que triunfen as propostas.Se algo desto houbo na discrepancia sobre a xestión empresarial, non transcendeu ó público. E dende esa situación de desinformación montouse o enredo que chegou ó punto álxido co manifesto dos "abaixo firmantes", encabezando o texto os ex presidentes do Goberno galego, Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe e Manuel Fraga Iribarne. Entre os asinantes, segundo diversas fontes, están os nomes de Vicente Araguas, Marilar Alexandre, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xesús Alonso Montero, Antón Lopo, Anxo Angueira, Alfredo Conde, Manuel Buciños, Ánxel Huete, Leopoldo Nóvoa, Antón Pulido, Quintana Martelo, Camilo Nogueira, Silverio Rivas, Antía Cal, Anisia Miranda, Xosé Neira Vilas, Avelino Pousa Antelo, Suso del Toro, Francisco Pillado, Carlos Reigosa, Xosé Manuel Beiras, etc. (A ver se algún blog galego acolle a lista de todos os asinantes).
O CASTRO-SARGADELOS
Preto de 120 persoeiros asinaron o manifesto, texto que reproduzo integramente segundo apareceu en Vieiros:
"O complexo “O Castro-Sargadelos” é o resultado dun insólito proceso de creación colectiva inspirado, propulsado e catalizado por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane. Encetouno Isaac hai máis de medio século. Hoxe constitúe un Patrimonio cultural da Galiza enteira. Cómpre que o poder político do goberno galego así o declare institucionalmente, mediante o procedemento que formalmente sexa necesario e acaído, para preservalo e garantir a súa continuidade e supervivencia a cuberto de calquera eventualidade e calquera peripecia empresarial que o poña en perigo de desnaturalización, destrago ou desaparición. En canto ben de interese cultural para o pobo galego, é patrimonio da cidadanía, e á cidadanía incúmbelle reclamar do poder democrático que actúe e interveña para defendelo e mantelo ao dispor da cultura do común de nós, da nosa nación.
As orixes xerminais do proxecto están na conxunción de dúas fontes de inspiración e decisión e dous episodios da epopea de resistencia cívica, galeguista e republicana á barbarie do fascismo franquista. No primeiro caso, trátase dunha decisión individual tomada, en dous chanzos, por Isaac Díaz Pardo no decurso da súa traxectoria existencial. No segundo, consiste nun proceso dialóxico entre Isaac e Seoane, activado nunha dinámica de grupo no exilio arxentino e proseguido despois de por vida.
A finais dos anos corenta, Díaz Pardo decide deixar a creación pictórica e aborda a creación das Cerámicas do Castro, coa colaboración financeira de José Rey e Federico Nogueira, en terreos que a sensíbel e fiel Mimina, a muller e compañeira leal de Isaac, cede solidariamente do Pazo do Castro de Osedo, propiedade da súa familia.
Cinco anos despois Isaac viaxa a Bos Aires, e alí aceita o convite dos exiliados para montar a Magdalena, unha fábrica de porcelanas conforme ao modelo pioneiro da do Castro e avincallado con ela, mar por medio. E aí configúrase un cerebro colectivo, primordialmente sobre a conexión entre Díaz Pardo e Luís Seoane, mais tamén cos Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Blanco Amor, Núñez Búa, Arturo Cuadrado, Antonio Baltar... Neses intres, alí, na Magdalena, constitúese un Laboratorio Cerámico e concíbese a creación dun Laboratorio de Formas de Galicia. Farano realidade aquí, na Terra, en 1963, Díaz Pardo e Seoane, e moi axiña, con Andrés Fernández Albalat, darán a luz o proceso de recuperación de Sargadelos.
A Magdalena e O Castro non foron, pois, nin naceron como simples fábricas ou empresas industriais. Tampouco Sargadelos, filla delas. O que foron denominaríase hoxe un combinado de “laboratorio de ideas” e “factoría cultural”: Laboratorio de Formas e Seminario de Sargadelos. Seoane e Díaz Pardo e máis o colectivo de leais ao proxecto que se foron integrando no proceso dérono construído por enteiro. Seminario de Estudos Galegos resucitado. Laboratorio Xeolóxico de Laxe legado por Isidro Parga Pondal. Museo Galego Carlos Maside de Arte Contemporánea, teima xenerosa de Luís Seoane. Ediciós do Castro para a recuperación imprentada da memoria histórica. Instituto Galego de Información (IGI), como laboratorio de creación ideatoria e comunicativa, hoxe sometido a asedio por corte de suministros. Nesa urdime, as factorías industriais do Castro e Sargadelos foron o artefacto funcional para a conxunción arte-industria. Foron unha empresa formalmente privada que funcionou, por necesaria suplencia, con criterios de empresa pública eficiente orientada a fins socioculturais colectivos.
Isaac Díaz Pardo, Seoane e os demais idearon ese proxecto, edificaron ese complexo, e fixéronlle ese agasallo inmenso ao pobo galego. Correspóndenos agora aos cidadáns pórmos a salvo esa inxente obra. Por iso requirimos publicamente, a intervención do poder político democrático do que os cidadáns mesmos nos dotamos. A obra de Díaz Pardo e Seoane, o complexo cultural O Castro-Sargadelos, é patrimonio da Galiza.
Santiago, 11 de xaneiro de 2008."
BUSCAN UNHA SOLUCION AO FRACASO
Moi pouco tempo despóis de facerse público o manifesto, Sargadelos divulgou o seguinte comunicado, que onte a pedido meu me enviaron por correo electrónico:
"PERO LAMENTA A ACTITUDE DE DÍAZ PARDO, PERXUDICIAL PARA O FUTURO DA INSTITUCIÓN
"Sargadelos garante a preservación do seu legado cultural
"A directiva busca unha solución ao fracaso do Instituto Galego de Información (IGI), que leva dilapidando decenas de millóns de euros dende hai vinte anos
18 de xaneiro do 2008.
"Os socios e directivos de O Castro e Sargadelos súmanse aos tres ex presidentes da Xunta de Galicia e outras relevantes personalidades no seu apoio manifestado ao legado cultural desenvolto e financiado únicamente polos accionistas de ambas dúas sociedades.
"De feito, aseguran que o perigo de continuidade dese legado foi o que obrigou á maioría dos socios de Sargadelos e O Castro a promover un plan de modernización das empresas, que estaban a sufrir os problemas dunha falla total de investimentos en formación de equipos, novas tecnoloxías e promoción exterior; ao mesmo tempo que aturaban o mantemento de fracasos empresariais tan ruinosos coma o do Instituto Galego da Información (IGI), que leva trinta anos sen cumprir o seu obxecto fundacional: a edición do xornal Galicia, estragando nos últimos dez anos máis de mil millóns das antigas pesetas dos recursos xerados en O Castro e Sargadelos, e comprometendo o desenvolvemento de moitas outras iniciativas socio-culturais.
"Os socios e directivos destas sociedades, que promoveron dende sempre o proxecto de Sargadelos, lamentan que o seu anterior presidente, Isaac Díaz Pardo, rexeitase a vontade maioritaria e democrática do grupo i emprendera unha campaña que perxudica a imaxe do proxecto que liderou durante tanto tempo, e do que viven máis de 250 familias. Afirman que todos os seus esforzos de achegamento foron en balde; mesmo a oferta da presidencia honorífica do grupo, con competencias directas na dirección das accións culturais de Sargadelos.
"Malia todos os atrancos que veñen sufrindo, os responsables de Sargadelos aínda poideron inaugurar un novo concepto de Galería en A Coruña, reforzar o equipo de deseño, crear un departamento comercial (ata agora, inexistente), introducir novas tecnoloxías dixitais, i explorar novos mercados para a creación galega en Xapón, Estados Unidos e Benelux, entre outras iniciativas. Todo elo, mantendo, con compromiso de continuidade, o financiamento do labor editorial de Ediciós do Castro e do Museo Carlos Maside (que seguen a estar dirixidos por Díaz Pardo), ademáis de todas as actividades sociais, culturais e artísticas promovidas por Sargadelos".
METEDURA DE PATA DE EUROPA PRESS
Es posible que Europa Press fuese la primera agencia de noticias en poner en la red el comunicado de Sargadelos. Pero con una colosal metedura de pata, ya que EP en el texto incluye el siguiente párrafo:
"La directiva del grupo asegura que tratan de buscar "una solución al fracaso" del Instituto Galego de Información (IGI), con sede en Santiago de Compostela; ya que "lleva 30 años sin cumplir su objetivo fundacional: la edición del periódico Galicia". Denuncia que, en los últimos diez años, este proyecto "ha estropeado" 6.000 millones de euros de recursos generados en O Castro y Sargadelos; y que "compromete" el desarrollo de muchas otras iniciativas socio-culturales".
HAY PERIÓDICOS A LOS QUE PUEDEN ENDILGARLE "PATRIMONIO DE GALICIA"
¡6.000 millóns de euros! Casi un billón de las antiguas pesetas. ¿Habrán facturado tal cantidad las cerámicas de O Castro y Sargadelos desde su creación? Es un comunal disparate traducir "estragando nos últimos dez anos maís de mil millóns das antigas pesetas" por "ha estropeado 6.000 millones de euros". Pero el caso es que el inmenso error se repitió en muchos blogs, pero tambien en periódicos como La Opinión, La Región, Anosaterra Diario... Otros medios gallegos respetaron las pesetas: "derrochando decenas de millones de las antiguas pesetas desde hace 20 años". Lo entrecomillan a pesar de que tergiversa lo que está en el comunicado: "estragando nos últimos dez anos máis de mil millóns das antigas pesetas". Lavozdegalicia.es, que posiblemente está en el ajo del non nato xornal Galicia, eludió dar cifras.
En general, los medios de comunicación gallegos no han dado al comunicado empresarial el mismo trato que al manifiesto. Para los columnistas tampoco fue la noticia del día. Y teniendo periódicos con tantos años, algunos centenarios, no sé como no temen que cualquier día salgan "abajos firmantes" y pidan también "a intervención do poder político democrático" y sostengan que esos veteranos diarios son patrimonio de Galicia.
El caso es que Europa Press, pasados cuatro días de tamaña metedura de pata, no ha rectificado. Como tampoco lo han hecho los medios gallegos que en vez de 6 millones y pico de euros, que es el equivalente de los más de mil millones de las antiguas pesetas, han divulgado ¡6.000 millones de euros! Está visto que no conocen al austero Díaz Pardo. Sólo Lavozdegalicia.es sabe de números hasta curarse en salud.