A Xunta non terá vicepresidente. O meu amigo que o daba por feito, atópase en Londres, así que non poiden coñecer a sua explicación. Tampouco importa. A estructura do novo Goberno galego, segundo a web da Xunta, é a seguinte:
"As Consellerías e os conselleiros do novo goberno son:
1-. Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Alfonso Rueda Valenzuela
2-. Facenda. Marta Fernández Currás
3-. Medio Ambiente, territorio e infraestructura. Agustín Hernández Fernández de Rojas
4-. Economía e Industria. Javier Guerra Fernández
5-. Educación e Ordenación Universitaria. Jesús Vázquez Abad
6-. Sanidade. Pilar Farjas Abadía
7-. Cultura e Turismo. Roberto Varela Fariña
8-. Traballo e Benestar. Beatriz Mato Otero
9-. Medio Rural. Samuel Jesús Juárez Casado
10-. Mar. Rosa Quintana Carballo"
O ACERTO DE XUNTAR ECONOMÍA E INDUSTRIA
Pasando de 14 a 10 consellerías a reducción é dun 28,57%. Non está mal, pero aínda se poido chegar a un 35,71% con poñer o mar a a terra nun soio departamento, e estreando as viceconsellerías, coa agricultura e a pesca con cadansúa. A polémica ía ser de órdago, aínda que igual pagaba a pena.
Que unha consellería se adique exclusivamente a Facenda, e a súa fronte se poña a unha especialista na inspección de tributos, pode querer dicir que se vai perseguir a fraude fiscal. Boa cousa. Facenda somos todos porque todos temos a obriga de pagar os tributos que nos correspondan. Xa é hora de principiar a espallar o civismo e rematar cos que escapan do cumprimento da lei. O ano pasado o plan contra a fraude da Axencia Tributaria levantou 550 millóns de euros en Galicia, pero hai quen polos signos externos estima que a cantidade ten que ser moito maior. Traer ó rego da lei ós defraudadores supón aumentar os ingresos, que é o que se necesita para combatir a crise económica e custear servicios públicos fundamentais.
Un acerto é xuntar nun mesmo departamento os asuntos da economía e da industria. Nos tempos da preautonomía a cotío falábase da industrialización de Galicia para acadar o despegue económico. Ultimamente tornouse o lerio polo "desenvolvemento sostible", pero nin arre nin xo. Sen transformar os recursos naturais que temos ociosos e mercando fóra o que se pode producir aquí, non hai maneira de progresar. Tamén axuda ó progreso facendo nós aquí o que veñen a facer foráneos, sen que gañén nin en coñecementos nin en entrega. Pero acarrexan beneficios pra fóra, que é unha maneira de engordar o PIB xdoutos sitios. Galicia está chea de materias primas que se se manufacturanse no país, aforraríase a España, que xa ten abondo coa factura do petróleo, a importación de productos e reduciríase o seu crónico déficit comercial.
Un dos problemas máis graves que pesan sobre a economía galega é que non sabemos vender. Se en comercialización fósemos como os holandeses, outro galo cantaría. O "feito en Galicia" nin sabemos vendelo en Galicia, cando hai productos que poderían ter mercado fóra. O cal non quere dicir que de agora en diante a rama do comercio galego non poida recibir unha atención distinta da que lle deron os distintos gobernos autonómicos.
A educación e a cultura nunha mesma consellería tampouco sería un desacerto, pero os coutos pechados que mangonean o mundo cultural galego ían poñer o grito no ceo. Se cadra a cultura de ganchete co turismo encheos de ledicia.Tódolos niveis de educación, a investigación, a innovación, a cultura, estarían mellor coordinados nunha mesma área. Pero o turismo é comercio.
Non sei de ningún país que adique un ministerio a ortografía. Algo semellante debía acontecer co medio ambiente. O respecto polo medio ambiente ten que darse en tódalas persoas e en tódolos eidos da administración pública. Así como todos temos un DNI, tamén como froito dun sistema educativo moderno temos que ter uns coñecementos mínímos dos temas medioambientais para vivir nun espacio xeográfico ecoloxicamente digno. Pero quen menos coida do medio ambiente son as obras públicas. Construir infraestructuras suma e suma ataques á vida dos animais e das prantas. Por eso casar nunha mesma consellería o medio ambiente, o territorio e as infraestructuras é poñer xuntos ó xuiz e maila parte, ou sexa, o medio ambiente no papel de hipócrita. Os transportes e as obras públicas hai que darlles de comer aparte do medio ambiente, para asegurar o respecto ó habitat.
Mellor deixar aquí o tema, pero está claro que en toda a historia da autonomía non se fixo un debate multidisciplinar para fixar unha estructura da Xunta. Non é mal obxectivo evitar os cambios constantes do nome dos departamentos, sen pensar no que sería máis eficaz e máis presto a coordinación.
(Entrada del 12:03:2009)
Un amigo que dice beber en buenas fuentes, me cuenta que Alberto Núñez Feijoo, tan pronto tome posesión de la presidencia de la Xunta de Galicia rebajará el número de consellerías de doce a nueve. Ojalá acierte, aúnque sólo sea en el número, porque significará un importante ahorro, sin que la administración autonómica pierda eficacia. Tendrá un vicepresidente/a que además estará al frente de una consellería con las competencias de Presidencia, Interior y Justicia, y los siguientes departamentos: Hacienda y Administración Pública; Medio Rural y Marino; Habitat, con las competencias de Ordenación del Territorio, Medio Ambiente y Vivienda; Transportes y Obras Públicas; Comercio, Industria y Turismo; Educación, Cultura e Investigación; Salud, que se ocupará de la Sanidad y el Consumo, y Empleo y Servicios Sociales.
Habrá que esperar poco más o menos un mes para conocer la nueva estructura orgánica del Gobierno gallego o Xunta de Galicia. Los sindicatos quieren una consellería de Trabajo, aunque no deberá producirle desencanto si se crea un departamento que se dedique a los temas de empleo y a los servicios sociales. El Consejo de la Abogacía de Galicia quiere un departamento dedicado única y exclusivamente a la Justicia, que es como gastar en innecesaria burocracia los dineros que seguramente no hay para dedicar con urgencia a aumentar el número de magistrados, jueces, fiscales, secretarios judiciales y personal suficiente, a medios materiales, a buenos y seguros programas informáticos, ordenadores capaces, etc. ¿Recuerdan cuando comenzó a formarse el sumario del Prestige en el juzgado de Corcubión? El ordenador era viejo e inútil, y cuando había que hacer clic en "guardar" era todo un poema con pérdida de tiempo.
Dice la Constitución que "el ejercicio de la potestad jurisdiccional en todo tipo de procesos, juzgando y haciendo ejecutar lo juzgado, corresponde exclusivamente a los Juzgados y Tribunales determinados por las Leyes".