O Goberno galego "respectará as leis", segundo confesou o novo presidente Alberto Núñez Feijóo. ¡Que menos!Tamén prometeu traballar, "porque a sociedade -dixo- así no lo esixe, para que termos como "sectarismo", "caciquismo", "enchufismo" ou "partidismo" só teñan significado entre nós para referirnos ao pasado"
Pero, ¿ónde queda a corrupción? O sectarismo, o caciquismo, o enchufismo e o partidismo, se cadra son máis difíciles de erradicar que a tuberculose na posguerra. Son males que están na médula de tódolos partidos políticos, xa sexan parlamentarios ou non. A corrupción, cun chisco de interese, pode ser máis doado. Pero ninguén aludeu a ese cancro que fai que as institucións perdan credibilidade. Da corrupción, sobre todo a urbanística, non hai partido político que toque o poder que estea libre. ¿Sería por eso que na longa e pesada sesión de investidura deixouse que sigan os cidadáns falando e queixándose dela pero sen eco nas institucións democráticas? O catedrático de Ciencia Política, Manuel Villoria, que leva anos pelexando contra a corrupción, ten escrito en data recente:
"Actualmente en España existe una vivienda por cada dos habitantes (sólo en 2005 se construyeron 800.000 nuevas viviendas en nuestro país -tantas como en Reino Unido, Alemania y Francia en su conjunto-). Este aumento y exceso del producto no ha abaratado su precio, sino todo lo contrario, los precios de los pisos han subido un 150% en siete años, aunque ahora parece que está finalizando tal incremento. Se ha conseguido así, una menor accesibilidad a la vivienda, con unos sobreprecios inflados por un boom inmobiliario y por una demanda mayoritaria de viviendas como activos financieros y no como valores de uso, a lo que se acompañan situaciones de menor calidad y, en muchos casos, peores condiciones de comunicación y servicios públicos".
A corrupción circula polas catro provincias galegas. A onde non chega é as aldeas con pouca e envellecida poboación. A provincia de Pontevedra ten moreas de casos de corrupción. Canto máis poder ten un partido político, máis porcentaxe pilla no tráfico de influencias, no cobro de comisións, nas recalificacións... Non hai partido política que non teña raíces nesa maldade. Pero dos tres que nesta ocasión tiveron voz no hemiciclo, espallada ademais polas televisións e as radios, nin un quixo acertar tocando o tema da corrupción. Unha oportunidade perdida para satuisfacer ó pobo.
Queda a esperanza de que esa loita se encadre dentro da cultura do traballo ben feito, que tamén prometeu o xa quinto presidente da Xunta (non do goberno da Xunta). Galicia necesita dos políticos máis traballo ben feito.