Hace 25 años el Club El Reloj, de Santiago, organizó un ciclo de conferencias sobre "O Nacionalismo Galego". Antonio Rosón Pérez ocupó la tribuna de oradores el 8 de febrero de 1983 para desarrollar el tema "A restauración de Galicia". A la sazón Antonio Rosón era presidente del Parlamento gallego, cargo que ocupó hasta su fallecimiento el 24 de abril de 1986. A Rosón le tocó echar a andar a la Xunta preautonómica. Lo hizo en una prestada sala de espera de la alcaldía de Santiago convertida en despacho presidencial, con una mesa y tres sillas por todo mobiliario y con la asistencia de la auxiliar María Luisa que disponía de una máquina de escribir Hispano Olivetti lexicón 80, también prestada. Ni el más pobre ayuntamiento de España contaba con menos medios materiales y económicos. Lo que se denominaba primer gobierno de la preautonomía de Galicia sólo duró desde el 16 de marzo de 1978 hasta que por los líos internos de Ucedé cesaron a Rosón el 30 de junio de 1979, a pesar de que nadie hizo más en política sin medios. La puesta en marcha de la redacción del Estatuto de Autonomía fue su objetivo primordial, encontrando incomprensión hasta en sus propios correligionarios. En la preautonomía de Rosón nació la magnífica Revista Galega de Estudios Agrarios, adscrita al departamento de Marino Dónega, que desapareció en 1987. Benjamín Casal Vila puso en un pequeño libro el gran tema de la minería para poner sus ingentes recursos al servicio del desarrollo gallego. Hubo bastantes más iniciativas que presagiaban otra Galicia, pero los recelos de las Diputaciones boicoteando la Comisión Mixta Xunta-Diputaciones, unido al anteproyecto de Estatuto de los 16, que se modificó para desembocar en el llamado Estatuto do Aldraxe, inferior en competencias a los del País Vasco y Cataluña, se cambió a Rosón por jugar una clara carta galleguista. Pero ante las protestas de la ciudadanía el Gobierno central tuvo que aceptar otro texto estatutario, que sigue vigente y después de 27 años todavía no se ha desarrollado en partes fundamentales como la comarca y la parroquia y sin participar en ningún caso en el sector público económico estatal, que en su mayor parte (Ence, Inespal, Audasa, Endesa, Grupo Alvarez, etc) se ha privatizado en contra de los intereses generales de Galicia.
En las elecciones autonómicas Antonio Rosón fue elegido diputado de Ucedé por Lugo y primer presidente del Parlamento de Galicia. En los segundos comicios ya concurrió en las listas de la Coalición Popular también por Lugo, y nuevamente fue elegido presidente de la Cámara, cargó que desempeñó hasta el día de su muerte.
La conferencia que pronunció el 8 de febrero de 1983, siendo presidente del Parlamento, se publicó en humilde folleto de 24 páginas, cuya edición pagó de su peculio particular. Ahora que tanto se habla de Galicia, cuando el gobierno autonómico está en manos de socialistas y nacionalistas, creo que resulta de interés reproducir aquel discurso de Antonio Rosón cuando cumplió 25 años. Se trata de un texto que invita a reflexionar sobre el camino andado.
A RESTAURACION DE GALICIA
I
"Para situa-la cuestión proposta, empezaremos por lembrar, someramente, acontecementos, ainda recentes, do itinerario constitucional:
A viabilidade da transición política tiña que descansar, xunto con outros aspectos, nun pacto territorial que dese cabida ás aspiraciones de autogoberno das distintas comunidades españolas, mantendo, ó mesmo tempo, a unidade estatal, asentada sobre o principio real e operativo da solidariedade.
Animaba tamén ese cambio profundo a consideración de que o problema da articulación territorial do poder non se pode reducir a unha visión estrictamente histórica, senón que hai que vela asimesmo como tendencia xeneralizada da teoría política, de aproximación dos centros de decisión política á poboación.
As consecuencias daquel acordo de base comenzaron a dar froito mesmo antes de se promulga-la Constitución, a través dos que se denominan Réximes Preautonómicos, que, como modelo transitorio, cumpriron a dobre función de termar das reivindicacións autonómicas e servir de ensaio previo ás mesmas.
O título VIII da Constitución de 1978, inspirado en grande medida no estado integral da Constitución de 1931 e na rexionalización italiana, fixo posible, por primeira vez en España, unha alternativa de organización territorial de amplo consenso, asumida, quizais pola súa mesma ambigüidade, pola case totalidade das forzas políticas.
Se cadra, por todo isto, o enxuiciamento da solución constitucional non se podía facer desde un dogmatismo teórico que sobrevalore a alternativa federal: o federalismo instaurado desde o alto e sen considera-las circunstancias históricas, económicas e sociais dos diferentes pobos de España, podería devir nunha nova semántica, e o realismo obríganos a considerármo-la posibilidade de que a autonomía nos permita, na medida en que se sintan os efectos democratizadores da mesma, non só despraza-lo centralismo, senón construir un Estado equlibrado no que a solidariedade sexa o fundamento necesario dos dereitos de cada pobo.
Confío en que vostedes saberán disculpar que non aventure o final do proceso autonómico español, pero permítanme que lles anticipe que non me cabe a menor dúbida de que o sistema adoptado -de se non devaluar- ten aspectos e horizontes moi positivos.
Temos, pois, que convir en que o marco constitucional permite mante-la singularidade de Galicia con facultades de autogoberno e nese sentido, no seu desenvolvemento, é evidente que o Estatuto de Galicia foi -a pesar da súa tramitación irregular- un paso decisivo para, recuperadas as nosas institucións, podermos inicia-lo desenvolvemento das nosas potencialidades como Comunidade.
Polo seu carácter inusitado, debemos rexistrar aquí o episodio fulgurante de que antes, mesmo, de promulgada a Constitución de 1978, que recoñecería a Galicia, xunto con Cataluña e País Vasco, un procedemento especial de acceso ó autogoberno, a consideración da Autonomía como condición necesaria da nosa vida colectiva movilizou, nunha manifestación sen precedentes o 4 de decembro de 1977 o Pobo Galego e torno ó anceio común de recoñecemento dos seus dereitos históricos.
Abriuse a partir daquela un período de institucionalización con dúas manifestacións importantes: a constitución da Xunta preautonómica, con amplo criterio de participación, e a iniciativa do proceso estatutario. A Xunta constituída en abril de 1978 e que tiven o honor de presidir, formulou unha convocatoria pública para redactar un anteproxecto de Estatuto digno, capaz de aglutina-las iniciativas xurdidas, non só das organizacións políticas senón das Asociacións Culturais, Profesionais, etc., e o Anteproxecto denominado Estatuto dos Dezaseis, foi o resultado dos esforzos dunha Comisión, na que figuraban mesmo partidos extraparlamentarios, empeñada en elaborar un texto que apurara os teitos máximos permitidos pola Constitución e asumible pola práctica totalidade dos partidos galegos.
Acontecementos posteriores demostraron as dificultades que presenta toda transformación das estructuras centralistas e non foi escaso o esforzo de imaxinación e diálogo que tivo que facerse ata concluí-lo Estatuto definitivo, aprobado pola Comisión Mixta "Asamblea de Parlamentarios de Galicia- Comisión Constitucional do Congreso", e posteriormente refrendado polo pobo galego.
Todo texto xurídico responde necesariamente a un pacto circunstancial e o Estatuto de Galicia non é, desde logo, unha excepción. Por iso, á hora de valoralo, hai que acepta-lo feito de que foi o mellor Estatuto posible.
Nel, quedan recollidas as particularidades que nos caracterizan como Comunidade; a cooficialidade do noso idioma; a emigración como trauma permanente do noso Pobo; outórgase unha considerable capacidade de autoorganización institucional; autorízase o recoñecemento das nosas formas tradicionais de asentamento, como a parroquia e a comarca; dótasenos de competencias importantes en materia económica para afrontarmos desde Galicia o reto da superación do atraso; recoñécesenos, en fin, unha presencia dos organismos do Estado suficiente para facermos presentes os nosos intereses.
II
Desde ese marco constitucional-estatutario que deixamos deseñado, o tema do "Nacionalismo galego hoxe" debe enfocarse con realismo, desde un dobre punto de partida:
- Contando, en primeiro lugar, co recoñecemento constitucional da nosa condición de nacionalidade histórica. Non se fai necesario reitera-los atributos que caracterizan a singularidade de Galicia (lingua, tradición, cultura, historia, unidade xeográfica do seu territorio, etc.) porque a aceptación da nosa personalidade é un dereito logrado que forma parte da estructura do Estado.
Preservada con seguridade xurídica a nosa existencia e aberto o noso futuro, non nos parecen realistas outros nacionalismos que dificilmente encontrarían cabida no mundo de hoxe, absolutamente interdependente.
- En segundo lugar, o recoñecemento constitucional da nosa singularidade fai necesario que Galicia se realice, lembrando como dicía Risco que "cada pobo se debe ós demais, con tódalas posibilidades deferenciadas de que lle dotou a natureza e non ten dereito a anular nin a permitir que sexa anulada a súa personalidade..."
E é precisamente nesta dirección onde se encontran resistencias históricas e dificultades e non conduciría a nada que nos ocultasémo-la debilidade política do noso corpo colectivo.
Desde o punto de vista sociolóxico, Galicia é unha das comunidades españolas con maior sentido da súa identidade e, sen embargo, aí están unha actitude pasiva que determina os seus baixos niveis de participación e o débil apoio ás opcións política que centran o seu programa na defensa desa identidade.
Noutras palabras, a conciencia de galeguidade do noso pobo carece aínda de traducción a nivel político.
Semella chega-la hora de se preguntar pola razón última deses desaxustes, que se producen tamén no funcionamento tanto do Parlamento coma na Xunta de Galicia.
Eu non penso que isto se deba, hoxe por hoxe, á falta de perspectiva institucional das forzas políticas presentes e paréceme xusto recoñecer que partidos de carácter estatal asumiron especificidades de Galicia, facilitando, en boa medida, a súa consolidación institucional.
Pero, polo que se ve, non abonda con isto; falta unha especie de cemento metafísico que só se poderá lograr se Galicia conta con forzas políticas de seu, autónomas, que asuman, sen inxerencias alleas, a defensa dos seus intereses materiais e culturais.
Por todo isto estou convencido de que é o momento máis oportuno para se plantexar seriamente a potenciación de unha opción política xenuinamente galega, cunha visión de Estado pero sen a hipoteca dunha dependencia centralista, que asuma e defenda, desde as nosas esencias, un programa centrado na modernización de Galicia nos planos económico, político e social.
III
Sen ánimo de prefigurar unha alternativa programática, voume permitir sinalar un cuestionario no que trato de recoller algunhas categorías e outros aspectos nos que esa opción política deberá configurar un vasto programa de política social e cultural:
A) A constante reafirmación da nosa identidade como Pobo na que, a fin de contas, se fundamenta o noso dereito a contar con institucións propias.
Nas circunstancias actuais, dispoñendo como dispoñemos dunha ampla marxe de autogoberno, non podemos desperdicia-la oportunidade de recompoñer, actualizar e desenvolver esas peculiaridades que nos singularizan no concerto coas diversas comunidades españolas.
B) A consolidación e extensión do uso do Idioma.
Alguén dixo acertadamente que "se os galegos somos galegos é por obra e gracia da linguaxe, porque un cultivo científico e estético da nosa lingua vén a se-la reconquista de canto tivemos e porque, perdéndose a nosa linguaxe, xa non quedará ningunha esperanza de revivir". Afortunadamente o Estatuto de Galicia, ó oficializa-lo idioma galego, obríganos a dedicarlle todo o esforzo que merece. Non podemos descoidarnos neste tema, porque ó pé de aspectos positivos que se viven ultimamente, como a incorporación á vida urbana e ós programas de ensino, axexan perigos que convén dispersar canto antes, como o dunha certa resistencia dalgunhas capas sociais á súa utilización e o da disidencia de determinados colectivos ante a fixación definitiva da normativa léxica e gramatical.
As Institucións teñen a obriga de se esforzar na procura de conciliación entre os lingüistas que normativice definitivamente o noso Idioma -condición necesaria, por outra parte, para a súa incorporación coherente ó noso sistema educativo- e na posta en marcha dunha acción de normalización do uso do galego na Administración, nos medios de comunicación social, na vida mercantil, etc.
C) É coñecido que a vida social e económica de Galicia está condicionada pola dispersión e aillamento da súa poboación, con estructuras de base familiar, zarradas, individualistas, inconexas e marxinadas do público e colectivo.
Esta característica agravouse desde o século XIX por efecto de leis inadecuadas que a través da Administración centralista liquidaron, en gran parte, os nosos patrimonios comunais, usos e costumes solidarios. Parellamente, rompeuse a unidade territorial galega coa súa división en catro provincias e instaláronse organismos político-administrativos artificiais, inadaptados a nosa realidade.
Vicente Risco fixo unha donosa análise das burocracias locais impostas a Galicia para servir como axentes do poder central mantidas pola picaresca caciquil, entre a indiferencia do pobo.
A forma civilizada de vivir, de caste europea, consiste na separación das esferas entre o público e o privado.
O homo civilis concebiu que as relacións humanas deben montarse sobre o recoñecemento da substantividade e autonomía do mundo dos sentimentos e intereses privados, das relacións íntimas, dos valores individuais.
Por iso, os galegos -que estamos acusadamente nesa liña- sen caermos en individualismos particularistas, non temos por que desindividualizarnos, porque somos así e vivimos sempre en "réxime civil", unha cultura de xente privada, pero faise preciso avanzar desde a perspectiva individual cara a un conxunto vivente máis amplo e equilibrado que abranga o individual e o colectivo. Hai que sentir e actuar -participar- en común, na certeza de que no común sentir atoparemos, como outros pobos da nosa caste, a liberdade.
A restauración de Galicia require que esta condición ancestral non se perda de vista.
D) No mesmo senso e para poder incidir simultaneamente nunha serie de áreas interrelacionadas, faise preciso que a Comunidade Autónoma afronte con carácter prioritario, institucional, a ordenación territorial de Galicia, facendo uso para isto da capacidade organizativa concedida no Estatuto.
A ordenación territorial abrangue espaciosos cometidos, en tódolos eidos, rural e urbanístico, que non intento particularizar e si referirme especialmente ó recoñecemento e regulación de parroquias e comarcas. A organización comarcal de Galicia, ó noso entender, é cuestión de principio e aínda que a identificación das comarcas veña facilitada pola súa persistencia histórica natural, haberán de terse en conta, con participación dos interesados, as variables sobrevidas, no transcurso do tempo, por razóns económicas, sociais e de comunicación.
Urxe, xa que logo, un anteproxecto de división comarcal e de planificación dos servicios que poidan delegarse nas comarcas; todo isto co obxectivo esencial de artella-lo país e facer da vida local -parroquias, municipios e comarcas- non só unidades administrativas para a prestación de servicios, senón vías de participación social, cultural e política.
Así, por exemplo, é evidente que as circunscripcións electorais de ámbito provincial non se axeitan á realidade galega e favorecen a abstención porque é sabido que o elector prefire que o deputado saia da súa comarca, que a coñeza e a viva, tendo ademais en conta que, dentro da unidade territorial de Galicia, as comarcas son diversas e os seus problemas distintos.
E) Aínda entendendo que a preparación de programas, precisos e detallados, debera concebirse con perspectiva a medio e longo prazo, parece xustificada algunha alusión concreta ás realidades presentes:
A Comunidade Autónoma encóntrase cunha grave crise da vida rural agraria, caracterizada polo éxodo, ou envellecemento da poboación, o desaxeitado modelo de mecanización, o abandono de fincas e, en defitiniva, con estructuras caducas que non permiten facer frente ós intereses organizados que se manifestan en torno seu. A recomposición da vida rural terá que incidir simultaneamente no sector humano (formación profesional e cooperativa), na terra (incorporando terras incultas, ampliando a concentración e extensión das explotacións, adaptando o País á lexislación específica arrendaticia) e na técnica e nas formas de organización. E hai que esforzarse na posta en marcha de medidas sociais que extendan á socidade rural os beneficios e servicios de que disfruntan outras áreas.
A actividade dos nosos campesiños, non ten por que reducirse ó sector primario, senón que a través de organizacións colectivas deberán constituirse en transformadores e negociadores dos seus productos, tal como fan daneses e holandeses. E como a tendencia cara a accíóns comúns tropeza con illotes de resistencia, hai que dotar ás asociacións, legalmente constituídas, do dereito a dictar, con maiorías calificadas, normas de organización e disciplina, referidas a comarcas e productos determinados, a fin de regularizar cultivos, condicións de venda, calidades, etc.
Unha reorganizacion global similar terá que producirse no sector pesqueiro, que se move en Galicia nunha dinámica que permite, na franxa costeira, niveis de renda superiores ós da agricultura e mesmo da industria. Non obstante, isto non escusa o deber de procurar un afianzamento do sector, reforzando os recursos mediante a promoción de cultivos mariños, mellorando a rede de servicios sociais, incrementando os beneficios mediante a reforma das estructuras comerciais.
Outro sector potencialmente próspero e no que, paradoxicamente, parecemos condanados a perde-lo control dos nosos propios recursos, é o enerxético. Galicia ten neste aspecto moito peso específico, pero non ten poder de disposición e a súa riqueza enerxética desvíase. Na utilización dos recursos propios temos que reivindicar unha prioridade para podermos afronta-lo propio desenrolo.
O mesmo acontece no sector mineiro, no que sería de desexar poder coñece-la calidade e cuantía dos minerais que saen das entrañas desta terra e cal é o control que se exerce e cales son, alomenos, os beneficios fiscais que obteñen con esas explotacións as corporacións locais e provincias e a Comunidade Autónoma.
E na orde industrial, na que se fai difícil concreta-las liñas mestras dun programa, cómpre promover esta actividade que empregue man de obra, complete os procesos productivos, respete os recursos, preserve o medio ambiente e promova un equilibrio territorial entre as diversas zonas de Galicia.
Pero o gran reto económico da autonomía non pode ser senón rematar, dunha vez por todas, co tremendo drama humano da emigración. É malo que un pobo desaproveite os seus recursos naturais, pero é intolerable que Galicia perda tamén os seus mellores homes, obrigados ó éxodo por unhas condicións de pobreza e atraso. A débeda que Galicia ten coa emigración é inmensa; económica porque os seus aforros -aínda desviados da nosa Terra- mantiveron a quen non emigrou, e sobre todo moral.
Os nosos emigrantes souberon en condicións difíciles demostra-la súa capacidade de iniciativa e progreso, revalorizando a imaxe do noso pobo e conservando a súa identidade a pesar da distancia.
Na emigración, especialmente en América, afirmáronse valores como a solidaridade, a conciencia colectiva e a capacidade de compromiso coa Terra. Galicia non se atopará a si mesma ata o día en que o feito de emigrar sexa resultado do uso da liberdade de cada galego e non a consecuencia do atraso económico.
F) En síntese, na orde económica, o panorama de Galicia, caracterizado polo seu subdesenrolo, desarticulación e dependencia, vese agravado por causa da crise económica de caracter xeral que afecta particularmente ós poucos sectores da economía galega relativamente competitivos como a industria eléctrica ou a construcción naval, sen que, doutra parte, a extensión da crise en Europa permita a saída, economicamente fácil e á vez despiadada, da emigración masiva.
Por todo isto o reto centran de tódalas institucións galegas é, loxicamente, elaborar unha política capaz de romper ese círculo de atraso.
¿E como facelo?
A solución non está en decisións sucesivas e fragmentarias ó azar das necesidades ou das circunstancias, senón que debe procurarse dentro dun conxunto coherente.
Este conxunto é un Plan.
Con razón sostiña Mendes France "que alí onde exista unha acción colectiva fai falla un plan para determina-las mellores condicións de realización; do contrario, sobrevén o despilfarro e, finalmente, o fracaso".
Ese plan que necesita Galicia (para rectificar tamén a superficial idea de que o económico teña caracter individualista e antisolidario), ten que facerse coa participación democrática de colectividades locais, agrupacións profesionais, culturais, empresariais e sindicais, para o cal pode ser conveniente que se institucionalice un organismo referido a materias económicas e sociais que asegure a audiencia e participación dos interesados, non só na concepción do plan; tamén por vía informativa, nos proxectos lexislativos e de goberno que teñan transcendencia económica social, sen caer por isto no perigo do corporativismo, deixando sempre a última palabra ó Parlamento.
Certamente que institucionalizado o autogoberno, só poderemos aproveitar esta oportunidade histórica se se dan certas condicións:
- Facendo un esforzo de transparencia capaz de implicar ó pobo na actividade das súas institucións, de xeito que supere esa desconfianza profunda política, provocada por longos años de centralismo e ineficacia.
- Aclarando que o Estado das Autonomías non é o Estado de sempre co agregado das autonomías. As relacións da Comunidade Autónoma co Estado, tensas nestas primeiras etapas, deben encamiñarse cara a un clima de colaboración no que o Estado se desfaga de hábitos burocráticos de prepotencia centralista e, consecuente co mandato constitucional, facilite o traspaso das competencias que correspondan a Galicia e a Comunidade Autónoma ofreza, pola súa parte, unha actitude consolidada e unitaria que reforce a súa capacidade de negociación.
E hase mirar de acreditar que non se trata de sumar a unha Administración outra nova que produza encarecementos e desbaraxustes.
- Despertando, sen perde-la identidade, a xa aludida vontade colectiva de transformación, contando para isto con que os nosos recursos naturais e as nosas capacidades e laboriosidade do galego nos veñen ofrecendo un vasto horizonte de posibilidades, reais e potenciais -en moitos aspectos privilexiadas- para acadar, a través do estudio, a investigación e mediante a adopción de tecnoloxías actuais e axeitadas, un desenrolo equilibrado que permita moderniza-lo país nun par de décadas.
Nesa demanda sostida de identidade e desenvolvemento radica o que poderiamos chama-lo "Nacionalismo Galego" de hoxe que, seguramente, compartimos todos, coa forza dos sentimentos íntimos, solidariamente artellado cos demais pobos de España."